Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

lunes, 28 de noviembre de 2022

Excursión por Santiago

Hoxe viaxamos a Santiago para ver no Auditorio Afundación unha obra de teatro titulada A aventura de aburrirse. Despois fixemos unha visita turística pola cidade cunha guía moi especial: a profe Victoria.
Aquí tedes algunhas fotiños para o recordo:






jueves, 24 de noviembre de 2022

25 N

Esta é a nosa aportación á celebración do 25 de novembro, Día da Non Violencia de Xénero. Cada clase escribíu nunha pandeireta algún verso das cancións das Tanxugueiras. 

Tamén fixemos unha collaxe dunha muller destacada da Idade Media: María Balteira.

E aquí estamos nós, vestidos/as de negro para celebrar este día.

miércoles, 2 de noviembre de 2022

Samaín 🎃

Velaquí as cabazas que achegaron os nenos e nenas de 1° para a exposición do Samaín: 
Sofía 

Sheyla
Ana


Hugo

Xiana

viernes, 21 de octubre de 2022

As flores de Ana 💐


Que mellor maneira de empezar este novo curso que coas fermosas flores que nos trouxo Ana! 💐

martes, 1 de febrero de 2022

Día da Candeloria ♥️🐦

Velaquí as notiñas que preparamos para os nosos compañeiros/as de 1° para celebrar o Día da Candeloria, con moito corazón ♥:








sábado, 6 de noviembre de 2021

Camiño Circular

 Onte recibimos a visita de dúas compoñentes da cooperativa de dinamización rural Camiño Circular, que nos trouxeron as súas caixas de produtos 100% estradenses, recollidos directamente dos seus colaboradores. Foi un obradoiro de concienciación sobre a produción local e o consumo de proximidade, titulado Eu como do local. 

Correlingua a distancia

Este mércores, de 12:00 a 13:00 horas, asistimos á festa final do Correlingua da Estrada deste 2021, conectándonos en directo desde a clase co Teatro Principal da Estrada.

A actuación correu a cargo do Grupo “Música Miúda” e o evento estivo presentado e guiado por Fran Rei.

Participaron 1483 cativos e cativas dos centros da Estrada e Forcarei.

Estreamos o comedor

O día 2 de novembro empezou o servizo de comedor no colexio e tres rapaces de 2º foron protagonistas no Faro de Vigo.

sábado, 30 de octubre de 2021

Tacos terroríficos 👻

E estes foron os nosos tacos terroríficos, que tomamos a media mañá:
Lara

Irene

Celia 

Manu Valencia

Andrés 

Xacobe

viernes, 29 de octubre de 2021

A nosa postal para o CEIP Pérez Viondi

Como cada ano, intercambiamos postais de Samaín cos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi. Esta foi a que fixemos as clases de 1º e 2º:



Foto de grupo

 Fotografámonos diante da exposición de cabazas e así de guapos e guapas saímos:


As nosas cabazas

A nosa clase participou na exposición de cabazas de Samaín do cole coas seguintes obras de arte:

Manu Valencia

Lara

Celia

Manuel Chenlo

Irene

Xacobe

Andrés